|
Benvido á web enEuropa Conscientes destas vantaxes, as empresas galegas mostran un interese crecente polas oportunidades do ámbito comunitario. Non obstante, as particularidades deste marco espertan moitas dúbidas na definición dunha estratexia ou na operativa do día a día das empresas. Co fin de dar resposta a esas dúbidas, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) pon a disposición das empresas esta guía na que, desde un punto de vista práctico, se abordan as situacións coas que unha empresa galega ha de enfrontarse para facerse visible en Europa. As particularidades da prestación de servizos, a normativa aplicable nunha operación de compravenda, a especificade do mercado único ou a liberdade de circulación de mercadorías, capitais e persoas son, entre outros, os temas que aborda enEuropa. Tratando de romper prexuízos sobre o mercado comunitario e sobre todo, tratando de proporcionar ás empresas galegas unha fonte de información práctica e relevante, enEuropa presenta a aproximación á UE como unha oportunidade para as empresas galegas, para as que a internacionalización supón unha fórmula innovadora de consolidación e crecemento. A través de seis bloques temáticos que presentan situacións prácticas, as empresas galegas atoparán as preguntas que poden formularse nas súas operacións intracomunitarias, para as que a guía proporciona resposta:
enEuropa preséntase como a ferramenta de referencia para as empresas galegas que se están a abrir camiño na UE. Proponse, ademais, un obxectivo máis ambicioso se cabe: aproximar Europa ás empresas galegas e aproximar as empresas galegas a Europa. O dinamismo, a innovación e a calidade dos sectores produtivos galegos atopan unha resposta ás súas dúbidas nesta guía coa que a CEG quere ser a súa porta a Europa. |











